Jaume Collboni Cuadrado, nado en Barcelona o 5 de setembro de 1969,[1] é o actual alcalde de Barcelona dende o 17 de xuño de 2023. É un político español, avogado de profesión e funcionario da Administración local.[2]
No ano 2010 entrou como deputado, pola provincia de Barcelona, no Parlamento de Cataluña e foi nomeado portavoz adxunto no PSC. En novembro de 2011 foi nomeado Secretario de Comunicación e Portavoz do PSC.[3] Posteriormente, en 2014, deixou o seu escano para centrarse nas primarias do PSC para a alcaldía de Barcelona. Tras ese proceso participativo de primarias, no que logrou a vitoria, foi designado candidato á alcaldía de Barcelona polo PSC.
O 17 de xuño de 2023 foi elixido alcalde de Barcelona.